|
|
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Esfinxe. Relatos de pensamento creativo
Carlos L. Medrano |
 |
Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen. Clasificados por graos de dificultade (polo que dese xeito resulta doado seleccionar os que poden ser aplicados en diferentes niveis) e dotados dun solucionario final, estes relatos de enxeño son un adecuado complemento para traballar o desenvolvemento lóxico do alumnado e para completar determinados coñecementos teóricos de disciplinas como as linguas, as matemáticas ou as ciencias sociais. Conta con ilustracións a cor de Elena Menjón. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: POLIPATÍN/Xuvenil
Nº de páx.: 120
ISBN: 97-88-492727-00-1
D.L.: 1017-2009 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 19,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Rufino e as súas rufinadas
Itos Lorenzo Méndez |
 |
Conto infantil para unha idade de entre os tres e os dez anos, con debuxos a toda color, que fomenta valores como o da amizade, a solidariedade, a valoración e respecto polo diferente ou a tolerancia e a importancia de saber rectificar. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: FURAFOL/Infantil
Nº de páx.: 28
ISBN: 84-934335-7-8
D.L.: C-3095-2005 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 13,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Contos de xente nova
VV. AA. |
 |
Libro de contos infantís e relatos realizados por nenos e rapaces, e que resultaron premiados no XX Concurso de Contos Infantís e no V Concurso de Narrativa Curta Xuvenil, convocados pola Asociación Cultural «Afonso Eanes». Os textos van acompañados de ilustracións (debuxos de Lola Garcerá, fotografías de Xurxo Lobato) e o prólogo é da escritora Fina Casalderrey. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: FURAFOL/Infantil
Nº de páx.: 70
ISBN: 84-932136-4-0
D.L.: C–2718/2001 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 7,20 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Nun bambán de non virar baldo
David Otero |
 |
O presente libro consta de sete narracións diferentes, aparentemente independentes, pero que están unidas por fíos vitais de sentimentos recíprocos. Na liña temática van desde casos vivenciados da guerra civil española ata ocorridos de persoas a idades maduras e sucedidos derivados do facer de traballadores no cotián. Os elementos de ficción van da man coa fantasía. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 140
ISBN: 978-84-92727-09-4
D.L.: C 3704-2009 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 12,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Días de muertos. Extracto del expediente de Jorge López Serrano (Ámbito Hispano)
Manuel Quintáns López |
 |
Días de muertos está baseada na reportaxe xornalística Secuestro y muerte de un infante. Extracto del expediente de Jorge López Serrano, escrita no Reclusorio Norte de México Distrito Federal. Os seus diferentes capítulos están pois baseados en feitos reais, o que, xunto co particular estilo narrativo do seu autor, fai desta novela de intriga e investigación criminal unha lectura amena e moi adecuada para introducírmonos nos baixos ambientes dunha cidade moderna. A portada é de Cristina Durán. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 364
ISBN: 978-84-936262-4-2,
D.L.: 912-2009 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 21,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Memorias y sueños. EN las riberas del bajo Ulla (Ámbito Hispano)
José Barreiro Luaña |
 |
Ambientada na paraxe xeográfica que comprende o tramo final do curso do río Ulla, con ramificacións noutros espazos xeográficos, desenvólvese esta novela, na que se mesturan conflitos sociolaborais, intensas manifestacións amorosas —ou de desamor— e complexas relacións sociais e persoais. É o segundo libro editado por este autor autodidacta, gran lector e admirador de Valle-Inclán, que ten inéditas outras obras narrativas e ensaísticas, en galego e en castelán. O libro leva ilustracións da pintora Cristina Durán Arufe. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 250
ISBN: 978–84–935562–5–9
D.L.: C 2347–2007 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 14,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Traxectos Curtos
Manuel Pereira Valcárcel |
 |
O xa recoñecido e en diversas ocasións premiado escritor —poeta, narrador...— Manuel Pereira sorpréndenos de novo cun feixe de relatos, que contan cun eixo vertebrador común, co que nos ameniza mostrándonos diferentes reflexións literarias sobre a aventura diaria de vivir, porque «A vida ten os seus ángulos perdidos, as zonas de barbeito, algún folgado alento sen remorsos. Descanso, desconexión». Cristina Durán ilustra a portada, mentres que as fotografías interiores son obra do propio autor. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 146
ISBN: 84–934335–6–X
D.L.: C–1.743/2005 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 11,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Matei un home
An Alfaya |
 |
Esta obra foi finalista do «Premio de Novela por Entregas» de La Voz de Galicia 2003 e gañadora do «Premio Xulián Magariños Negreira» 2004. Narración policial de intriga que, fiel ó seu xénero, mantén o suspense ata o final, ten, en palabras do xurado que a premiou, as calidades de estar escrita dunha forma áxil e coherente e de saber retratar e definir os seus personaxes de forma maxistral. Leva un limiar do escritor Xosé A. Perozo e ilustracións de Cristina Durán. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 206
ISBN: 84-934335-8-6
D.L.: C-2913/2005 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 12,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
A golpe de dor
Carmen Blanco Ramos |
 |
Nesta obra novelízase a reflexión e a loita do personaxe protagonista por lograr a superación dos golpes que a vida pode asestar en calquera momento, cando menos un espera. Trátase da constante loita do ser humano coas dores, físicas ou psíquicas, que constantemente o axexan. Conta cun limiar do escritor Manuel Pereira. Ten portada e ilustracións interiores a cor de Cristina Durán Arufe. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 73
ISBN: 84-932136-7-5
D.L.: C–1088/2002 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 11,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
O fillo do emigrante
Pablo Vaamonde García |
 |
Ao longo dos quince capítulos desta novela o seu autor vai artellando, nunha mestura de puntos de vista narrativos, unha historia que abrangue as distintas formas de ver e de afrontar a vida de tres xeracións diferentes. A loita do rural, a incerteza da emigración, a resignación ante o que non se soubo evitar ou a decrepitude e o abandono persoal son algunhas das variadas temáticas que pululan por esta narración. O limiar procede da pluma do escritor Suso de Toro. O debuxo da cuberta é de Cristina Durán Arufe, e leva ilustracións interiores de Fernando Ruibal. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: CÉLTIGOS/Narración
Nº de páx.: 103
ISBN: 84-932136-8-3
D.L.: C–0996/2002 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 9,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Uns ós outros
Lois Oreiro |
 |
Neste libro, e en palabras do propio autor, estamos ante uns «poemas bos de ler que encabalgan un discurso de réplica ó nihilismo, á trivialidade e ó friquismo rampantes; de exploración e de resposta á nada que contesta redondamente todas as buscas de sentido, ó nihil que nos abafa absurdo no seu alén simbólico de descrenza: disque non nacendo non morreremos nunca». E son tres as partes que nesa liña e dese xeito se combinan: a da razón («Caer caendo»), a das emocións («Desamor» e «Poemario básico») e a do contexto ou contorna («Fisterrá»). |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 140
ISBN: 978-84-92727-11-7
D.L.: C 3705-2009 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 16,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Palabras xordas para oídos necios
David Durán Arufe |
 |
Estamos ante un conxunto de 5 estudos de poesía que deberán ser lidos na orde correspondente por dous recitadores. As dúas persoas estarán sempre unha ó carón da outra, situándose o Recitador 2 á dereita do n.º 1. Trátase de combinar a creación literario-poética coa musical, observando de forma directa a estreita relación que hai entre ambas e o importante que é a «musicalidade» na creación poética. Inclúe un DVD e ilustracións a color de Cristina Durán. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 72
ISBN: 978-84-92727-01-8
D.L.: 1004-2009, |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 21,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Escura e transparente
Baldo Ramos |
 |
O xa recoñecido poeta e artista gráfico Baldo Ramos, con abundante obra publicada en ambos os terreos creativos, ofrécenos un orixinal libro que combina os seus sempre suxestivos poemas coas ilustracións realizadas pola súa propia man, creando todo un universo de sensacións visuais e auditivas, consecuencia da combinación de tonalidades, claroscuros, imaxes e simbolismos sonoros. Esta obra conta cunha edición especial de 150 exemplares impresos en papel especial Curious Touch d’Arches, numerados á man e cada un deles cunha ilustración diferente e orixinal do propio autor (PVP 30 euros; consulte existencias: info@tresctres.com). O prólogo é do tamén poeta e profesor Arcadio López-Casanova
Finalista no premio de poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 79
ISBN: 84-934335-1-9
D.L.: C-0691/2005 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 13,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Cara a un solpor de gatos
Verónica Martínez Delgado / Antonio Fernández Seoane |
 |
Coidado e reflexivo poemario, de estrutura moi circular, que indaga nas interioridades dunha voz poética que poderiamos ser todos. O volume mereceu o recoñecemento, a xuízo do xurado de especialistas que o valorou, de ser o gañador da terceira edición do «Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón». Iníciao un limiar de Jorge Varela. A portada foi realizada por David Ferrando. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 96
ISBN: 84-934335-9-4
D.L.: C-2914/2005 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 11,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Por no sufrir amnesia (Ámbito Hispano)
Juan Besada |
 |
Este poemario, cheo de sentimento que o seu autor consegue transmitir de forma maxistral, é un exercicio de memoria histórica, de homenaxe ós caídos durante a nosa tráxica guerra civil, ós «paseados» e exiliados que sufriron a derrota nas súas almas e nas súas carnes. Ese recordar histórico vaise desenvolvendo poema a poema ó longo das cinco partes que conforman o volume: «Grado elemental», «Dedicatoria», «Los cuerpos en las cunetas», «Azul tu cuerpo» e «Los secretos del hacer». O prólogo é da autoría de Juan J. López Rivera, profesor de Lingüística Xeral da Universidade de Santiago. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 71
ISBN: 84-933588-4-3
D.L.: C-1683/04 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 12,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Maio de mel ou lapa
Xoán Xosé García |
 |
Este poemario, que resultou gañador da II edición do «Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón» (ano 2003), de ámbito galego, está dividido en catro partes («Preludio da danza», «Penúltima vertixe», «A selva» e «As feridas da auga») nas que se poetiza unha relación de amor, dende o seu nacemento ata a súa fin, posta na voz do poeta. Estamos ante un libro de complexa elaboración técnica, que merece unha lectura reflexiva e tranquila, para podermos apreciar o esforzo na procura da expresión exacta e da suxestión. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 89
ISBN: 84-933588-5-1
D.L.: C-1682/2004 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 13,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Compostela, vella memoria
Ricardo Martínez Conde |
 |
Atopámonos ante unha nova incursión literaria deste xa experimentado creador, que nesta ocasión realiza unha homenaxe poética ofrecida á antiga e monumental cidade de Santiago de Compostela, contemplada no seu decorrer histórico, que se presenta simbolizado a través de diferentes fases do día e de distintas situacións vitais. As ilustracións son de Javier Mourón. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 62
ISBN: 84-933588-0-0
D.L.: C–2841/2003 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 11,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Palabras para un parque hidráulico
David Creus Andrade |
 |
Compacto poemario, de corte abondo persoal, no que o seu autor xoga non só coas palabras, senón tamén coa distribución da páxina. Esta obra resultou gañadora do «I Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón», de ámbito galego, que foi fallado na vila de Negreira en setembro do ano 2002. As ilustracións son obra do propio David Creus e o limiar é de Xabier Cordal Fustes. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 88
ISBN: 84-932667-7-9
D.L.: C–2035/2003 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 12,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Cando as luces rebentan o silencio
VV. AA. |
 |
Obra poética colectiva dun grupo de cinco novas poetas (Anet Beiro, Rosa Lois, Silvia Mariño, Lupe Oroña e Lorena Peillet) entre esas poetas novas que irromperon, xa con forza, no sistema literario galego, achegando descubrimentos líricos das creadoras femininas e contribuíndo a unha orixinal polifonía poética. Trátase dun libro auroral que aglutina a unha manchea de creadoras que están na idade das promesas líricas, e que abordan temas tan intemporais coma o amor, o tempo e o esquecemento. As ilustracións son do artista David Ferrando e o prólogo da escritora Helena Villar. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 196
ISBN: 84-932667-2-8
D.L.: C–0313/2003 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 10,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
Un xardín no tempo
Xosé Manuel López Ardeiro |
 |
Obra poética na que se produce unha mestura de sensacións visuais (fermosas ilustracións de David Ferrando), táctiles (coidada maquetación e impresión), olfactivas (innumerables referencias a este sentido) e auditivas (poesía chea de ritmos e melodías). O autor recrea, nos seus vintecatro poemas, un universo simbólico arredor dun eixe espazo‑temporal. Conta cun interesante prólogo da tamén poeta Luísa Villalta. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: VARILONGO/Poesía
Nº de páx.: 108
ISBN: 84-932136-1-6
D.L.: C–1716/2001 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 9,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis. Teatro para nenos
Cipriano Fernández Fernández |
 |
Este libro recolle unha selección de catro obriñas de teatro escritas e levadas a escena polo seu creador, o escritor e mestre Cipriano Fernández. Resulta unha opción moi adecuada para poder achegar o xénero dramático ós nenos de infantil e de primaria, mesmo como escolla para que sexan eles mesmos os que as representen. Os contidos e as temáticas, ademais, teñen como eixes diversos valores educativos. O limiar é de Segundo Durán “Chiki” e contén variadas ilustracións de David Ferrando. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: RUBÍN/Teatro
Nº de páx.: 128
ISBN: 978-84-936262-1-1
D.L.: C 382-2008 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 11,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |

|
 |
O nome dos disfraces
Manuel Guede Oliva |
 |
Nesta orixinal peza teatral o seu autor, escritor e director do Centro Dramático Galego, aséntase nese límite entre a realidade e a ficción, entre o soñado e o vivido, por medio de tres personaxes que coinciden na cantina dunha estación ferroviaria. Temáticas como o amor, a morte ou a liberdade e diferentes etapas temporais entrecrúzanse na obra. O prólogo é autoría de Inma López Silva. |
 |
 |
 |
 |
 |
Colección: RUBÍN/Teatro
Nº de páx.: 104
ISBN: 84-932667-0-1
D.L.: C–2275/2002 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PVP: 12,00 €
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta. Polígono de Boisaca. 15890 Santiago de Compostela . Tel.
981 535 960 Fax 981 818 799
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
a r t i g o s |
 |
| 3 |
 |
i
m
p
o
r
t
e |
 |
41,00
€ |
 |
|