Didáctica / Ensaio - 3C3 Editores
libros
autores coleccións noticias contacto acceso usuario
literatura
didáctica/ensaio
outras materias
 
 
 
 
   
     
Inicio > Didáctica / Ensaio

O sistema foral en Galicia. Documentos e textos
Severino Fernández Abel
Esta obra nace dunha experiencia didáctica. Nela intentouse que os alumnos de Secundaria e Bacharelato comprenderan o concepto dos Foros a partir da presentación duns documentos orixinais. Iso espertou a curiosidade dos rapaces, que comezaron a facer preguntas. Partindo desa base, neste volume recóllese unha selección de textos de diferentes estudosos e de documentos históricos mediante os que se vai confeccionando, paso a paso, de forma guiada e comprensible, a historia do Sistema Foral en Galicia. Compleméntase ademais con fotos e con diversas baterías de actividades que permiten completar o coñecemento sobre este tema .
Colección: XIZ/Didáctica
Nº de páx.: 87
ISBN: 84-934890-4-2
D.L.: C-1427-2006
PVP: 11,00 €

Margarita y la sombra de Atenea (Ámbito Hispano)
Javier Pérez Carrasco
Neste volume ofrécese un tratado sobre o que é a Filosofía, por medio do diálogo cunha adolescente, diferente e divertido, abordando o tema con humor, de forma comprensible e amena. A través dos seus diferentes capítulos amósasenos, ademais, como a Filosofía non é un coñecemento abstracto e inconexo, senón que está moi presente nas nosas vidas, en relación co universo que nos rodea e co resto das disciplinas científicas. Trátase dun libro moi atinado para a lectura do alumnado de bacharelato. Vai prologado polo catedrático de Física Teórica, Carlos Pajares, ex reitor da USC.
Colección: XIZ/Didáctica
Nº de páx.: 374
ISBN: 84-934335-0-0
D.L.: C-2132/2005
PVP: 17,00 €

Xogos e dinámicas cooperativas de educación para a saúde
Ana María Rey Bermúdez / Lorena Martínez Martínez / Xosé G. Alonso Bernárdez
A presente proposta socioeducativa conta cunha introdución xeral sobre coidados xenéricos e educativos do neno, para logo ofrecer unha cincuentena de actividades lúdicas concretas e detalladamente explicadas que responden á necesidade de insistir no papel dinamizador e socioafectivo do xogo. Moitas das propostas presentadas téñense inspirado en xogos tradicionais (xogos grupais, populares, etc.) ou xa aplicados a diversas áreas de transversalidade (xogos de simulación, dramatización, expresión corporal, etc.).
Colección: XIZ/Didáctica
Nº de páx.: 99
ISBN: 84-933588-8-6
D.L.: C-2235/2004
PVP: 9,00 €

A construcción social do territorio galego
Manuel García Docampo
O territorio no que habitan os seres humanos é un espazo socialmente construído: estados, concellos, parroquias, cidades, edificacións, etc., todo supón un proceso de actuación social que require unha reflexión. Neste texto exponse un marco de análise desa estreita relación entre a poboación e o seu contorno físico, cunha manifesta orientación cara ao ámbito galego. Revísanse a xénese dese proceso, as categorías resultantes, a estrutura contemporánea e os instrumentos de planeamento e intervención existentes na actualidade. Trátase dunha obra pensada e dirixida a un público amplo, tanto para o que pretende unha perspectiva global que lle permita iniciarse nesta temática, como para os estudantes e profesionais dos ámbitos sociais, territoriais e urbanísticos.
Colección: XIZ/Didáctica
Nº de páx.: 254
ISBN: 84-932667-1-X
D.L.: C–0312/2003
PVP: 15,50 €

«Dicionario» Uxío Novoneyra
Esperanza Mariño Davila
Chegamos ó n.º 10 da colección «Dicionario», a dedicada ós autores das letras galegas, que nos ofrece un completo estudo, con todos os datos e a análise da súa obra, sobre o escritor ó que a Academia lle dedica o Día das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Trátase dun volume no que se vai repasando o máis destacado da vida e da obra do noso protagonista a través das diferentes «entradas», perfectamente clasificadas. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula, comentario dun poema, selección de textos e sección de imaxes. O limiar é do académico Antón Santamarina.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 224
ISBN: 978-84-92727-13-1
D.L.: C 672-2010
PVP: 13,00 €

«Dicionario» Ramón Piñeiro
Xoán Pastor Rodríguez Santamaría
A través das diferentes «entradas» perfectamente clasificadas, o autor deste volume ofrécenos un completo estudo, con todos os datos e a análise minuciosa da súa obra, sobre o escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2009. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula, selección de textos e sección de imaxes. O limiar foi realizado polo académico Andrés Torres Queiruga.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 176
ISBN: 978-84-936262-9-7
D.L.: 939/2009
PVP: 12,00 €

«Dicionario» Xosé M.ª Álvarez Blázquez
Ana Acuña
Ana Acuña, estudosa da obra de X. M.ª Álvarez, preséntanos neste manual da colección «Dicionario» (a dedicada ós autores das letras galegas), e a través das diferentes «entradas» perfectamente clasificadas, un completo estudo, con todos os datos e a análise debullada da súa obra, sobre a escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2008. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula (tanto cos de primaria como cos de secundaria), selección de textos e sección de imaxes. O poético limiar é da académica Luz Pozo Garza.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 212
ISBN: 978–84–936262–5–9
D.L.: C 1161–2008
PVP: 12,00 €

«Dicionario» María Mariño
Esperanza Mariño Davila
Este manual da colección «Dicionario», a dedicada ós autores das letras galegas, ofrécenos un completo estudo, con todos os datos e a análise da súa obra, sobre a escritora á que a Academia lle dedica o Día das Letras Galegas 2007: María Mariño. Trátase dun volume no que se vai repasando o máis destacado da vida e da obra da nosa protagonista a través das diferentes «entradas», perfectamente clasificadas. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula, selección de textos e sección de imaxes. O limiar é do académico Darío Xohán Cabana.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 168
ISBN: 978–84–935562–4–2
D.L.: C 1325–2007
PVP: 11,00 €

«Dicionario» Manuel Lugrís Freire
Xabier Campos Villar
Un ano máis a colección «Dicionario», desta volta cunha estética renovada, ofrécenos un completo estudo con todos os datos e a información relativa ó autor ó que a Academia lle dedica o Día das Letras Galegas 2006: Manuel Lugrís Freire. Trátase dun volume no que o seu autor, destacado especialista na obra de Lugrís, vai repasando o máis destacado da vida e da obra do noso protagonista a través das diferentes «entradas», perfectamente clasificadas. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula, selección de textos e sección de imaxes. O limiar é da académica Rosario Álvarez.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 132
ISBN: 84-934890-0-X
D.L.: C-0429-06
PVP: 10,00 €

«Dicionario» Lorenzo Varela
X. Gregorio Ferreiro Fente
Completa biografía e estudo sobre Lorenzo Varela (1916 – 1978), o autor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano 2005. Para mellor coñecermos este importante poeta, animador social e cultural e bo representante da literatura galega no exilio americano. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha escolma dos seus textos máis destacados. Inclúe un apartado de ilustracións diversas e outro cos testemuños de diferentes personalidades e críticos literarios. Leva prólogo do académico e especialista da literatura galega do exilio, Xosé Luís Axeitos. Este título fai o quinto da colección que 3C3 lle dedica ós escritores homenaxeados nas Letras Galegas, combinando o seu carácter científico e divulgativo, e dirixida tanto ós lectores en xeral como especificamente ó alumnado de Secundaria.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 216
ISBN: 84-934335-4-3
D.L.: C-0789-2005
PVP: 10,00 €

«Dicionario» Xaquín Lorenzo “Xocas”
Manuel Vilar Álvarez
Biografía e estudo do personaxe ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2004, Xaquín Lorenzo Fernández, popularmente coñecido como Xocas: arqueólogo, etnógrafo, estudoso da cultura material galega e importante animador cultural. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo con varias ilustracións. O prólogo procede da pluma do académico Xesús Ferro Ruibal.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 158
ISBN: 84-933588-2-7
D.L.: C–0525/2004
PVP: 8,00 €

«Diccionario» Antón Avilés de Taramancos
X. Amancio Liñares Giraut / Antonio Puentes Chao
Completa biografía do personaxe ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2003, Antón Avilés Vinagre (de Taramancos): poeta, autor de relatos, tradutor, colaborador xornalístico, animador cultural, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega... Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo de ilustracións diversas. Leva prólogo do académico Salvador García‑Bodaño.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 173
ISBN: 84-932667-3-6
D.L.: C–0311/2003
PVP: 8,50 €

«Diccionario» Frei Martín Sarmiento
Antonio Puentes Chao / X. Amancio Liñares Giraut
Completa biografía do personaxe ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 2002, o ilustrado Padre Martín Sarmiento, que tivo importantes coñecementos de botánica, medicina, lingüística, economía, arte, etc., ademais de ser un destacado defensor, no S. XVIII, do galego. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo de ilustracións diversas. Leva un prólogo do académico Xesús Alonso Montero.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 144
ISBN: 84-932136-6-7
D.L.: C–0437/2002
PVP: 8,50 €

«Diccionario» Eladio Rodríguez
X. Amancio Liñares Giraut / Antonio Puentes Chao
Completa biografía do personaxe ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 2001, Eladio Rodríguez González: poeta, lexicógrafo, xornalista, animador cultural… e Presidente da Real Academia Galega. Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo de ilustracións diversas. Leva prólogo do académico Francisco Fernández Rei.
Colección: DICIONARIO/Letras dous mil...
Nº de páx.: 148
ISBN: 84-607-1949-9
D.L.: C–0362/2001
PVP: 7,80 €

Achegas do alén Miño
Humberto Busto
Este conxunto de traballos recolle investigacións sobre personaxes portugueses que mantiveron unha relación notable con personalidades da cultura galega e viviron en Galicia e reflexionaron sobre ela. Co título «Galiza e Teixeira de Pascoães» analízase a estreita relación do escritor portugués cos homes das Irmandades. No traballo sobre «A Renascença» estúdanse este movemento socio-cultural e a colaboración nel de varios autores galegos. No «Epistolario portugués de Á. Cebreiro: B. Machado» danse a coñecer as 28 cartas lle que dirixe a Cebreiro, dende o seu exilio, o que foi por dúas veces presidente de Portugal. O traballo «Leonardo Coimbra na Galiza: viaxe, cartas e presenza intelectual» descóbrenos a relación do filósofo portugués con varios intelectuais galegos e a viaxe que realiza a Galicia á fronte dunha delegación cultural. Recóllense tamén diferentes cartas inéditas, dous artigos de Risco sobre o pensador portugués, outros dous de Leonardo Coimbra sobre Galicia e a saudade e varias fotos con valor histórico.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 310
ISBN: 978-84-92727-07-0
D.L.: C 2941-2009
PVP: 17,00 €

Xente de Orde o consentimento cara ao franquismo en Galicia
Ana Cabana
A consolidación do franquismo só foi posible grazas a que unha parte da sociedade civil colaborou no seu sostemento, pero para tratar das razóns que levan a unha toma de postura ante o réxime político o primeiro que cómpre é insistir na complexidade e na variabilidade das actitudes tanto individuais como de grupo. Unha ditadura non se sostén coa simple coerción, senón encontrando unha base e tecendo unhas redes de captación que permitan a súa supervivencia. Este volume analiza, estuda e explica como o réxime franquista concretou unha serie de instrumentos de socialización que lles transmitise ós cidadáns a crenza na lexitimidade do sistema político e na súa acción positiva con eles, é dicir, que fomentasen o consentimento. O limiar é do catedrático de Historia da USC Lourenzo Fernández Prieto.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 316
ISBN: 978-84-92727-12-4
D.L.: C 4220-2009
PVP: 17,00 €

Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro
María Xesús Nogueira Pereira
O achegamento a calquera das pezas narrativas de Cunqueiro revela o lugar central que nelas ocupan os seus personaxes literarios. Así o testemuñan tanto o elevado número destes como a articulación das novelas e relatos ó redor de personaxes centrais. Neste volume estúdase ese universo de personaxes no conxunto da narrativa, longa e breve, do autor mindoniense, tanto da escrita en galego como en castelán, o que permite determinar se existen diferenzas á hora de deseñar personaxes para obras pertencentes a un ou outro sistema literario.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 288
ISBN: 978-84-92727-04-9
D.L.: 1895-2009
PVP: 21,00 €

Os animais domésticos na historia de Galicia
Diego Conde Gómez / José M. Vázquez Varela
Galicia tense caracterizado tradicionalmente pola importancia que os animais tiveron e teñen na cultura e na forma de vida dos seus habitantes. Neste volume colectivo, da man de 7 prestixiosos especialistas e profesionais na materia, descubrimos cuestións moi variadas referentes a ese universo faunístico, desde os inicios da súa domesticación ata a importancia que tiveron en diferentes períodos históricos, pasando polo mundo da relixiosidade popular e dos santos curadores, os tipos de enfermidades que poden afectarlles, a importancia da caza en determinados momentos históricos ou a evolución da ciencia veterinaria e o papel dos albeites nunha sociedade historicamente rural, labrega e gandeira.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 360
ISBN: 978-84-936262-2-8
D.L.: C 3804-2008
PVP: 21,00 €

Son para a «Unión Barcalesa de La Habana» (1907-2007)
X. Amancio Liñares Giraut
O Val de Barcala foi un viveiro migratorio. A Unión Barcalesa de La Habana representa a máis forte e senlleira entidade cultural-educativa dos emigrantes desta comarca galega no século XX. Creouse na capital cubana en novembro de 1907, polo que chega a ser centenaria no ano 2007, e aínda ten vida de seu na actualidade. Trátanse nesta monografía varios temas relativos á Unión Barcalesa: nacemento, organización, análise das súas memorias e Libros de Actas, actividades, creación e funcionamento das tres escolas erguidas pola Unión..., e finalmente a situación máis recente desta sociedade, que constitúe a única colectividade de emigrantes barcaleses organizada no mundo. O libro vai ilustrado con fotografías de Xurxo Lobato e inclúe documentos e material gráfico de diversos arquivos. Leva unha presentación de Manuel Luís Rodríguez —secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia— e incorpora un limiar de Vicente Peña Saavedra, profesor de Historia da Educación na USC.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 176
ISBN: 84–935562–8–0
D.L.: C–3537–2007
PVP: 12,00 €

Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX
Omayra Lista Liñares / X. Amancio Liñares Giraut
Este volume é un estudo único e imprescindible para mellor coñecermos a evolución e o funcionamento dos medios de comunicación escritos e radiofónicos nunhas comarcas representativas galegas: as terras de Barcala e A Maía. Para iso, nesta monografía dun historiador e dunha xornalista, analizáronse e describíronse máis de seiscentos números editados, así como o conxunto das emisións dunha radio local, inscribíndoos no seu contexto histórico. Este traballo de investigación resultou merecedor do VI Premio de Ensaio «Manuel Murguía», concedido pola Deputación da Coruña. O limiar é do profesor de Hª Contemporánea da USC, Emilio Grandío Seoane.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 366
ISBN: 84–935562–7–3
D.L.: C–2395–2007
PVP: 18,00 €

Literatura galega de vangarda. A iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos
Xulio Pardo de Neyra
O fenómeno das vangardas galegas chega moito máis aló de figuras como as de Manuel Antonio ou Amado Carballo, dous dos autores máis significativos nesta tendencia. Este volume é froito dunha tarefa que pretende ofrecer outra visión do fenómeno do vangardismo literario: a dun vangardista, Evaristo Correa Calderón, plenamente consciente do seu papel como incitador que, á par, axuda a perfilar o protagonismo de Galicia nos ismos peninsulares e europeos. Velaquí, pois, un completo estudo do panfletarismo e da faceta manifestaria do primeiro vangardismo galego, que presenta unha nación repleta de arelas rupturistas, consonte aos plans emerxentes dos ismos do momento.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 332
ISBN: 84–934890–9–3
D.L.: C–2968–2006
PVP: 20,00 €

Octavio Paz en los debates críticos y estéticos del siglo XX
Clara Román-Odio
O presente libro examina a ambición ética e estética de Octavio Paz e a súa valiosa contribución ó panorama crítico das artes e as ideas do século XX, e nel amósase como o autor estudado non foi un poeta fóra de época, nin un pensador enfrascado nunha estética elitista, senón un auténtico home de letras que ante as vicisitudes do seu século adoptou posicións radicais e propias que o levaron a coincidir coa matriz do pensamento posmoderno. Así, este volume logra ofrecerlle ó lector un mapa que lle permita desprazarse dentro do complexo territorio estético do autor analizado. Queda demostrado que a poesía de Paz constitúe un discurso sincrético e innovador que captura, con suprema eficacia, o diálogo do autor cos debates críticos reitores do seu tempo.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 317
ISBN: 84-934890-8-5
D.L.: C-2577-06
PVP: 21,00 €

A fidalguía galega ante a crise do antigo réxime (1812-1868).
Antonio Presedo Garazo
Neste libro explícanse algunhas das claves de como se produciu a adaptación da fidalguía galega á nova situación durante a primeira metade do século XIX, e que non se pode comprender en toda a súa complexidade sen o característico conservadorismo patrimonial das casasgrandes fidalgas. Así pois, no presente ensaio ofrécesenos, a través de seis interesantes capítulos, a análise específica da fidalguía galega durante a crise do Antigo Réxime, e así mesmo das estratexias económicas e de reprodución social que seguiu este grupo co gallo de se adaptar á nova conxuntura propiciada polas reformas liberais da primeira metade do século XIX.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 318
ISBN: 84–934890–1–8
D.L.: C–1813–06
PVP: 18,00 €

O outro Río. A emigración galega a Río de Xaneiro.
Érica Sarmiento da Silva
Os moitos emigrantes galegos contribuíron a que fose xustamente a emigración galega —como acontece en moitas outras latitudes— a máis significativa entre a comunidade española de Río de Xaneiro. Mais semella que a presenza deses emigrantes non foi suficiente para merecer un estudo histórico detallado: están ausentes dos traballos académicos, e quen quixer saber a súa historia como continxente migratorio ten que buscar información en textos que abordan a emigración desde unha perspectiva xeral. Este volume corrixe esa situación, pois nel analízanse as datas e as causas da marcha —e do regreso, cando o houbo—, así como os lugares de orixe, a formación profesional, a ocupación... ou a integración dos emigrantes galegos na cidade de Río.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 224
ISBN: 84–934890–2–6
D.L.: C–1761–06
PVP: 18,00 €

Curros Enríquez no franquismo (1936-1971)
Xesús Alonso Montero
Nestas páxinas examínanse as limitacións que a dictadura franquista lles impuxo neses anos (1936-1971) ós editores, ós estudiosos e ós divulgadores das obras do grande escritor do rexurdimento. Pero non só se estudian os silencios e as restriccións de que é obxecto a obra e o nome de Curros Enríquez na Galicia interior, a de Franco, senón o labor que certos exiliados e emigrantes fixeron en favor dese nome e desa obra. O que as institucións franquistas e os seus lacaios realizaron contra Curros Enríquez desde xullo de 1936 ilustra con elocuencia o que os vencedores fixeron —ou intentaron—: lonxe de construíren a paz entregáronse, de cheo, a administrar a victoria.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 161
ISBN: 84-932667-4-4
D.L.: C–0578/2003
PVP: 11,50 €

Miguel de Unamuno e a lingua galega
Alexandre Rodríguez Guerra
Minucioso e detallado estudo das relacións e opinións do ilustre filólogo e intelectual vasco referentes á lingua galega. A base deste coidado traballo de investigación e análise resultou merecente do Premio Extraordinario de Doutoramento concedido pola prestixiosa Universidade de Salamanca (onde precisamente Unamuno fora reitor) no ano 1999. O limiar é de Xavier Varela Barreiro, profesor da Universidade de Santiago.
Colección: NÓS-OUTROS/Ensaio
Nº de páx.: 311
ISBN: 84-932136-5-9
D.L.: C–0400/2002
PVP: 17,00 €

Facendo historia con memoria
Lourenzo Fernández Prieto
Este libro trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este desequilibrio. Este volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso. O limiar é de Manuel M. Barreiro.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 176
ISBN: 978-84-92727-06-3
D.L.: C 3173-2009
PVP: 12,00 €

Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero
X. Gregorio Ferreiro Fente / X. Carlos Domínguez Alberte
Coincidindo coa celebración do oitenta aniversario do profesor don Xesús Alonso Montero un grupo de amigos e ex alumnos seus decidiron ofrecerlle unha publicación de colaboracións a modo de agasallo. Son diversas as plumas que aquí se suman a ese tributo de afecto e recoñecemento ao catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 98
ISBN: 978-84-92727-02-5
D.L.: 1030-2009
PVP: 10,00 €

En torno a lo jacobeo (Ámbito Hispano)
José María Díaz Fernández
Este libro é un recompilatorio de distintos textos literarios que posúen unha unidade de conxunto, posto que a práctica totalidade deles establecen algunha relación co Apóstolo Santiago, e son escritos que xurdiron ó acharse e seu autor inmerso, por razón de cargo, na variadísima temática xacobea: a liturxia do Apóstolo e o Códice Calixtino, o Pórtico da Gloria, o Camiño de Santiago, o Portugal sempre acollido ó patrón Santiago, estudos sobre arcebispos composteláns ou o relacionado co Memorial de D. Francisco de Quevedo, e incluso unhas páxinas dedicadas ó itinerario de Exeria.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 496
ISBN: 978-84-936262-0-4
D.L.: C 383–2008
PVP: 19,00 €

Tras los pasos del sol. Hasta el fin del mundo por el Camino de Santiago (Ámbito Hispano)
Mariano Encina Amatriain
Velaquí o diario literario dun peregrino que un día, tras vir desde alén dos mares, decide comezar a camiñar nos Pireneos ata alcanzar Fisterra, a localidade galega onde remata o Camiño de Santiago. Son moitas, e de moi variado signo, as experiencias, as alegrías e sen sabores, as sorpresas e as decepcións que se poden encontrar nunha aventura deste tipo, que o autor nos sabe transmitir de forma amena, intensa e incluso emocionada. Tampouco falta a peripecia do ser humano que día a día aprende a encontrarse a si mesmo en cada paso da viaxe. E todo iso culmina cun final inesperado e sorprendente... Compleméntase, ademais, cun prólogo de Bieito Pérez Outeiriño, director do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 352
ISBN: 978-84-936262-3-5
D.L.: C1061-2008
PVP: 18,00 €

Luís Aguirre. Poesía completa
Avelino Abuín de Tembra / Justo Cortizo Sóñora
Este libro rescata a obra e a figura de Luís Aguirre del Río, un poeta (maioritariamente en castelán) padronés que estivo en moi directo contacto e que mantivo relación co noso Rexurdimento, e que non obstante pasou desapercibido entre os seus paisanos e non foi obxecto da curiosidade dos críticos e dos comentaristas da súa época. O presente volume non só nos ofrece a edición crítica de toda a súa obra poética coñecida, senón que, ademais, se complementa con abundantes e clarificadoras notas a pé de páxina e cun amplo estudo introdutorio, no que se analizan por extenso a súa biografía e as características fundamentais da súa escrita. Leva un limiar do escritor Anxo Angueira.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 456
ISBN: 84–935562–6–6
D.L.: C–2672–2007
PVP: 21,00 €

Xallas. Teoría da existencia
Lois Oreiro
Este libro fala dun territorio pouco coñecido, moi castigado pola emigración, os encoros e os parques eólicos. É unha viaxe literaria seguindo o percorrido dun río simbólico, enigmático e particular: o Xallas. De forma amena e cun coidado e particular estilo, o seu autor vainos introducindo e conducindo no coñecemento profundo e rigoroso desta extensa e rica comarca coruñesa, conformando un texto imprescindible para todos aqueles que queiran achegarse a un mellor entendemento da realidade de Xallas, que en certa medida pode constituír unha boa mostra da Galicia rural interior, de como podemos existir sen esvaecérmonos.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 300
ISBN: 978–84–935562–2–8
D.L.: C 1717–2007
PVP: 17,00 €

Iglesia y Posfranquismo. 17 años de transición (1976–1992) (Ámbito Hispano)
Xosé Chao Rego
Ó redor do período temporal que comprende os anos da transición e dos inicios da nosa actual democracia, Xosé Chao, posuidor dunha dilatada experiencia na elaboración de ensaios eclesiásticos e teolóxicos, realiza un minucioso percorrido, non falto dunha importante vertente crítica, polos máis destacados e diversos acontecementos que teñen como eixe central a relación entre a Igrexa e o Estado no marco cronolóxico indicado, e todo iso sazonado co estilo irónico e non exento dun ameno sentido do humor do que o autor fai gala. O presente estudo ten, ademais, o seu antecedente no volume Iglesia y franquismo. 40 años de nacional catolicismo (1936 1976), que nos ofrece similar análise do período político anterior: o da guerra civil e a ditadura franquista.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 999
ISBN: 978-84-935562-1-1
D.L.: C 0356–2007
PVP: 30,00 €

Iglesia y Franquismo. 40 anos de nacional–catolicismo (1936–1976) (Ámbito Hispano)
Xosé Chao Rego
Tomando como marco cronolóxico o amplo período que abarca desde os inicios da guerra civil ata o final da ditadura franquista, o autor, posuidor dunha dilatada experiencia na elaboración de ensaios eclesiásticos e teolóxicos, realiza un minucioso percorrido, non falto dunha importante vertente crítica, polos máis destacados e diversos acontecementos que teñen como eixo central a relación entre a Igrexa e o Estado no período temporal indicado, e todo iso sazonado co estilo irónico e non exento dun ameno sentido do humor do que Xosé Chao fai gala. A introdución é de Casiano Floristán. O presente estudo ten, ademais, a súa continuación no volume Iglesia y posfranquismo. 17 años de transición (1976 1992), que nos ofrece similar análise do período político seguinte: o da transición e os anos iniciais da nosa actual democracia.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 326
ISBN: 978-84-935562-0-4
D.L.: C 0355–2007
PVP: 24,00 €

Clío nas ondas. De libros, persoas e sazóns
Ramón Villares
Recóllense neste volume as colaboracións radiofónicas que nas ondas da Radio Galega, cada luns, foron realizadas polo seu autor, recoñecido historiador e polígrafo, entre abril de 2003 e xullo de 2005. Os contidos son variados, aínda que fundamentalmente tratan, como se adianta no subtítulo, de «libros, persoas e sazóns», pero tamén de moitas outras cousas: exposicións, congresos, festas políticas e relixiosas e ata vodas rexias ou conclaves pontificios... Estamos, por tanto, ante unha obra que non só trata diversas pasaxes da Historia, senón que tamén fai, en si mesma, Historia, polas súas apreciacións e, en moitos casos, matizacións e precisións, incluso por veces talvez non tanto polo que se di como polo momento e o contexto no que se dixo. Inclúe un epílogo de Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega. Contén un CD coas gravacións.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 296
ISBN: 84–934890–7–6
D.L.: C 0113-2007
PVP: 20,00 €

O Outro Mundo na cultura popular galega
Manuel Quintáns Suárez
Este volume pretende suxerir un camiño de achegamento ó significado dalgunhas das manifestacións máis familiares da nosa literatura popular de tradición oral en relación co que poderiamos denominar o «Outro Mundo». A literatura de tradición oral ofrécenos un interesante retrato de diferentes figuras relacionadas con ese Outro Mundo (Deus, o demo, o crego, a bruxa...), o que conforma un suxestivo modo de aproximación ó seu significado dende o punto de vista da cultura popular. Este estudo detense, pois, na análise desa visión do Outro Mundo a través da imaxe das figuras que o conforman.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 356
ISBN: 84-934890-5-0
D.L.: C-2132-2006
PVP: 22,00 €

As Historias de Pepe de Xan Baña. A obra de Xosé Baña Pose
Xosé M.ª Rei Lema
Este libro constitúe unha edición comentada e anotada das obras e escritos máis importantes e significativos de Pepe de Xan Baña —Xosé Baña Pose—, o escritor de Santa Comba emigrado a Cuba tan importante non só para os xalleiros, senón tamén para os seus veciños bergantiñáns, barcaleses e soneiráns, e, en definitiva para a cultura galega. O volume inclúe, ademais dunha biografía e da súa poesía anteriormente editada, a novidade de achegar unha serie de textos diseminados, que axudarán a configurar dun xeito máis claro a personalidade e a valía deste escritor.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 260
ISBN: 84–934335–3–5
D.L.: C–2133–2005
PVP: 22,00 €

As peregrinacións xacobeas
Francisco Fernández del Riego
Nas páxinas deste libro deséñanse o significado e seguimento das peregrinacións xacobeas. Ben sabido é que Santiago de Compostela xurdiu e desenvolveuse por razón dos camiños. Por eses itinerarios viñeron ao noso país, dende os últimos confíns da Cristiandade, xentes de todas as procedencias. Neste volume atopamos unha detallada síntese do que foi a creación da urbe de Compostela, o nacemento do Camiño, as súas diferentes etapas, a vida dos peregrinos, o universo social e cultural que se creou ao seu redor... O limiar é obra do filólogo e recoñecido especialista no tema Manuel C. Díaz y Díaz, e as fotografías son autoría de Xurxo Lobato.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 148
ISBN: 84-932667-8-7
D.L.: C–2034/2003
PVP: 16,00 €

Imperio norteamericano e capitalismo global. Do 11 de setembro a Iraq
Carlos Taibo Arias
O que o autor, profesor de Ciencia Política, fai nesta obra, de forma documentada e recorrendo ás opinións de expertos e prestixiosos analistas, é dar conta dunha serie de claves para mellor entendermos a política internacional que impera nos nosos días: a ansia norteamericana por invadir Afganistán, primeiro, e Iraq, despois; o papel dos países do Oriente Próximo; a posición de superpotencias coma China ou Rusia e a actuación desta en Chechenia; o futuro da antiga Iugoslavia... son só algúns dos temas aquí analizados e explicados.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 134
ISBN: 84-932667-9-5
D.L.: C–2257/2003
PVP: 9,50 €

Desde Santiago. Personas y aconteceres (Ámbito Hispano)
José María Díaz Fernández
Encontrámonos ante un volume que recolle variados textos referentes a persoas do presente e do pasado santiagués, así como a feitos singulares. Nas vésperas dun novo Ano Santo Compostelán —2004—, este libro contribúe a coñecer máis de cerca Santiago e Galicia no ámbito hispánico. A obra áchase distribuída en cinco partes, desde a que agrupa a persoas dos nosos días (algunhas especialmente meritorias, como Álvaro Cunqueiro ou Isaac Díaz Pardo), ata a serie dos papas medievais relacionados con Santiago, e tamén algunhas referencias a outros pontífices e ambientes vaticanos, pasando polos arcebispos de Santiago —incluso o actual, Julián Barrio—, outros prelados e clérigos, etc. Este libro inclúe varias ilustracións de Antonio Caamaño.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 388
ISBN: 84-932667-6-0
D.L.: C–0826/2003
PVP: 15,00 €

Con el sol por la popa. Escritos sobre temas pesqueros (Ámbito Hispano)
José Vicente Domínguez Martínez
Nesta obra coméntanse de forma crítica algunhas das grandes transformacións que o mar compartiu cos demais sectores produtivos nas dúas últimas décadas, e que o autor, Capitán da Mariña, coñece moi ben: a incorporación de España á Unión Europea, a redución da liberdade dos mares, a escaseza de recursos, a globalización da economía, as novas tecnoloxías, os cambios de hábitos de consumo e preservación dos alimentos, a seguridade no tráfico marítimo, etc., son algúns dos temas tratados.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 231
ISBN: 84-932667-5-2
D.L.: C–0794/2003
PVP: 12,00 €

O relato hebraico. A Biblia contada dende a lareira
Xosé Chao Rego
Despois de 50 anos coa Biblia como instrumento de traballo, o teólogo Xosé Chao ofrécenos un achegamento actual á que é a obra literaria máis difundida de toda a historia, escrita ao longo de máis de mil anos, polo que resulta precisa unha aproximación desde a realidade presente para entendermos mellor ese texto de non doada lectura.
Colección: VILARNOVO/Ideas e realidades
Nº de páx.: 442
ISBN: 84-932136-3-2
D.L.: C–2524/2001
PVP: 16,20 €

Dicionario galego de Filosofía
Manuel Rivas García / X. Manuel Domínguez Prieto / Moisés Lozano Paz
Velaquí un Dicionario de Filosofía de termos, de conceptos —filosóficos, científicos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, teolóxicos…—, de persoas e autores, de escolas, correntes, tendencias, e mesmo de frases feitas ou consagradas na xerga filosófica. O volume quere ser unha guía útil non só para estudantes de filosofía, senón tamén para calquera interesado ou afeccionado a esta disciplina en particular e a un amplo abano de conceptos relativos ó saber e o coñecemento en xeral. Trátase do primeiro esforzo de creación dun vademecum filosófico feito en lingua galega. Nel inclúense non só autores galegos, senón tamén —á parte dos españois e os da filosofía universal en xeral— filósofos lusos e brasileiros, que non acostuman verse nos dicionarios de filosofía en lingua española.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 383
ISBN: 84-933588-9-4
D.L.: C-0200/2005
PVP: 30,00 €

Modelo armónico de relación lingüística. Estudio en Galicia. (Ámbito Hispano)
Manuel Regueiro Tenreiro
Esta obra, nunha versión en lingua castelá, aborda, desde un punto de vista teórico, o interesante tema do bilingüismo, a súa relación cos conceptos de cultura e idiosincrasia, así como as posibilidades de convivencia das dúas linguas de forma harmónica, todo iso baseado no estudo particular do caso galego.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 286
ISBN: 84-605-7842-9
D.L.: C–0594/1999
PVP: 12,00 €

Modelo harmónico de relación lingüística. Estudio en Galicia.
Manuel Regueiro Tenreiro
Esta obra aborda, desde un punto de vista teórico, o interesante tema do bilingüismo, a súa relación cos conceptos de cultura e idiosincrasia, así como as posibilidades de convivencia das dúas linguas de forma harmónica, todo iso baseado no estudo particular do caso galego.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 286
ISBN: 84-605-7842-9
D.L.: C–0549/1999
PVP: 12,00 €

Galegos de por vida. Esquelas e lápidas en galego
Xesús Ferro Ruibal / Mª Xesús Anido Silvosa / Carme Lamela Villaravid
Este libro ofrece todas as solucións necesarias para romper a vella rutina de utilizar o castelán como lingua de celebración pública dos actos relacionados coa morte. Presenta moi variados modelos, en galego, de necrolóxicas, lápidas, recordatorios, lemas, etc. Tamén informa das posibilidades persoais e legais de como se pode deixar disposto que se faga uso do noso idioma nos actos relacionados coa hora derradeira.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 42
ISBN:
D.L.: C–1926/1998
PVP: 8,00 €

 

Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta. Polígono de Boisaca. 15890 Santiago de Compostela . Tel. 981 535 960 Fax 981 818 799  

a
r
t
i
g
o
s
3
i
m
p
o
r
t
e
41,00
¿quen somos?