Outras Materias - 3C3 Editores
libros
autores coleccións noticias contacto acceso usuario
literatura
didáctica/ensaio
outras materias
 
 
 
 
   
     
Inicio > Outras Materias

40 aventuras na fin do camiño
Andrés Villar Murillo / Rubén Suárez Carballo
Nesta guía, actualizada e nunha versión en galego, os seus autores, especialistas na práctica de deportes de risco e aventura —escalada, parapente, descenso de ríos en canoa, etc.—, amósannos e describen con detalle —con planos e rutas— 40 posibilidades de practicarmos diversos deportes de aventura, e tamén de realizarmos sendeirismo, na zona xeográfica do tramo final do Camiño de Santiago. Transcorren nos concellos de Ames, Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra, Lousame, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Padrón, Porto do Son, Santa Comba, Val do Dubra, Vedra e Zas. A tradución é de Antonio Puentes.
Colección: VAGACEIRO/Guías Turísticas
Nº de páx.: 266
ISBN: 978-84-936262-4-2
D.L.: 244/2009
PVP: 20,00 €

Gravados rupestres nos montes de Carnota
José Cernadas Sande
Este libro non só nos ofrece un itinerario perfectamente detallado e explicado, metro a metro e mesmo con indicacións de coordenadas xeográficas, que percorre 30 grupos de diferentes gravados rupestres presentes nos montes de Carnota. Tamén nos explica, de forma sucinta e accesible, o mínimo imprescindible que se debe saber para podermos visualizar e entender perfectamente as figuras e a presenza dos petróglifos. E para facilitar aínda máis ese labor acompáñanse cun esquema explicativo dos seus trazos, por temáticas, e dun amplo repertorio de fotografías en color. O limiar é de José Manuel Vázquez Varela (2.ª edición).
Colección: VAGACEIRO/Guías Turísticas
Nº de páx.: 208
ISBN: 978-84-934890-6-9
D.L.: C 0132-2007
PVP: 18,00 €

40 Aventuras al final del camino (Ámbito Hispano)
Andrés Villar Murillo / Rubén Suárez Carballo
Nesta Guía os seus autores, especialistas na práctica de deportes de risco e aventura —escalada, parapente, descenso de ríos en canoa, etc.—, amósannos e describen con detalle —con planos e rutas— 40 posibilidades, diferentes e inéditas, de practicarmos diversos deportes de aventura, pero tamén de realizarmos sendeirismo, na zona xeográfica correspondente ao tramo final do Camiño de Santiago, pois transcorren nos concellos de Ames, Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra, Lousame, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Padrón, Porto do Son, Santa Comba, Val do Dubra, Vedra e Zas.
Colección: VAGACEIRO/Guías Turísticas
Nº de páx.: 260
ISBN: 84-933588-3-5
D.L.: C–0742/2004
PVP: 22,30 €

Economía de Galicia. Situación actual y perspectivas (Ámbito Hispano)
Albino Prada Blanco
Nesta obra ofrécese unha ampla e documentada visión da realidade socioeconómica da Galicia de hoxe. O volume acompáñase ademais dun disco compacto con máis de cento corenta gráficos, cadros, diagramas e outro material visual, que pode ser consultado e impreso para auxiliar a lectura ou o estudo.
Colección: PADREIRO/Economía
Nº de páx.: 230
ISBN: 84-933588-1-9
D.L.: C–0314/2004
PVP: 15,50 €

A muller, ¡que cale! Raíces do antifeminismo
Xosé Chao Rego
Ao longo das páxinas deste libro analízanse as raíces do antifeminismo. Nel faise unha análise crítica da dominación masculina, cuestionando os tópicos e a tradicionalidade, mesmo no seo da familia ou da propia igrexa católica, o que provoca a inferioridade e a exclusión das mulleres nos diferentes ámbitos públicos e privados. Tal como nos di o propio autor, «escribo dende o meu interese de home para humanizarme un pouco máis, pois o antifeminismo faralles dano ás mulleres, pero nosoutros, poder masculino, temos moito que gañar se nos achegamos (...) —sen atrancos dun inconsciente medio misóxino— ó tema que aquí tratamos». O limiar é da profesora M.ª Xosé Agra Romero.
Colección: COMBA/A muller
Nº de páx.: 260
ISBN: 84-933588-6-X
D.L.: C-2001/2004
PVP: 18,00 €

En clave de País
Emilio Pérez Touriño
Neste libro o autor, profesor e coñecido político (Secretario Xeral do Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE), achega a súa particular análise e visión de temas tan interesantes e complexos como a cohesión do Estado español, o federalismo, a globalización ou as posibilidades de futuro de Galicia nos nosos tempos.
Colección: LIBROS DO PAÍS/Política
Nº de páx.: 84
ISBN: 84-932136-2-4
D.L.: C–1956/2001
PVP: 5,40 €

No colo de miña nai. Cancións relixiosas
Xesús Portas Ferro
Tras trinta anos creando cancións relixiosas, Xesús Portas presenta unha escolma selecta daquelas máis representativas ou coñecidas, algunhas xa publicadas, outras inéditas. Os cantos, coa correspondente partitura musical, aparecen organizados en sete bloques, segundo os diferentes tramos da celebración eucarística cristiá.
Colección: AXÓUXERE/Música
Nº de páx.: 70
ISBN: 84-607-2385-2
D.L.: C–0928/2001
PVP: 7,20 €

Antiguas boticas españolas y sus recipientes (Ámbito Hispano)
José de Vicente González
Foron moitos e moi diversos os mosteiros que en tempos se espallaban por toda España, e neles era habitual a presenza dunha botica, na que o monxe boticario estudaba e poñía en práctica os seus saberes curativos. Do mesmo xeito, cada substancia curadora era coidadosamente gardada no seu correspondente recipiente: albarelos, cántaros, orzas... Neste volume explícase minuciosamente ese universo, con profusión de fotografías en color. Ten presentacións e corolario de varios presidentes de diferentes Academias de farmacia españolas e iberoamericana.
Colección: SAN SALVADOR/Menciña e saúde
Nº de páx.: 520
ISBN: 978–84–92727–03–2
D.L.: 1890–2009
PVP: 48,00 €

Boticas monásticas, cartujanas y conventuales en España (Ámbito Hispano)
José de Vicente González
Obra dun especialista no mundo da Farmacia, as Ciencias Biolóxicas e a Veterinaria. Ofrécenos unha ampla panorámica das boticas que se conservan en mosteiros moi representativos, espallados polo territorio español. No estudo ‑con abundancia de ilustracións a cor‑, combina aspectos científicos, históricos e artísticos. Segue a liña iniciada por este investigador no ano 2000, cando a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia lle publicara o traballo Blasones de los monasterios gallegos. Boticas y botámenes. Leva un prólogo do profesor Ángel Santos Ruiz.
Colección: SAN SALVADOR/Menciña e saúde
Nº de páx.: 330
ISBN: 84-932136-9-1
D.L.: C–2142/2002
PVP: 28,00 €

Manual de lexislación educativa: da LOXSE á LOE
Manuel Lama Grande
Nas cerca de 600 páxinas deste manual, totalmente actualizado e con especial atención a Galicia, explícanse e recóllense, de forma ordenada e perfectamente indexada para facilitar unha consulta rápida e precisa, todas as cuestións fundamentais relativas á lexislación aplicable ó ensino (establecendo ademais unha comparativa entre a LOXSE e a actual LOE), desde o de infantil ata o das persoas adultas, pasando pola ESO, o bacharelato e a FP. Así pois, convértese nun referente imprescindible para profesores, orientadores, cargos directivos e persoal administrativo de calquera centro de ensino dos citados niveis, e fai innecesaria a presenza de grosos arquivadores con miles de páxinas lexislativas desfasadas e desordenadas. Ademais, vai acompañado dun CD no que, mediante un menú de moi fácil manexo, se clasifican e recollen todos os textos legais (máis de 150 normas) vixentes no momento. .
Colección: DE LEI/Textos xurídicos
Nº de páx.: 602
ISBN: 978-84-936262-6-6
D.L.: C 3269-2009
PVP: 31,00 €

Obra plástica, propiedade intelectual e administración
Francisco M. Castro Allegue
A nosa colección DE LEI / Textos xurídicos ábrese con esta obra dun autor que é funcionario do Corpo Superior da Administración Xeral. Este libro responde con precisión ás temáticas recollidas no seu título. Realízase un estudo xurídico ó redor da obra plástica (concepto, tipoloxías, características, dereitos morais do autor, dereitos patrimoniais...), poñéndoa en relación coa propiedade intelectual e coa Administración. Ten detallados anexos normativos e reproduce o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual nunha versión consolidada que integra as modificacións. Estúdanse, polo tanto, os dereitos da propiedade intelectual en relación coas obras plásticas, con especial referencia á perspectiva dende as Administracións. Nesta obra, rigorosa e anovadora, amósase a síntese das posicións doutrinais máis recoñecidas no noso Dereito, contrastada cos pronunciamentos dos tribunais de xustiza.
Colección: DE LEI/Textos xurídicos
Nº de páx.: 167
ISBN: 84-934335-2-7
D.L.: C-0857/2005
PVP: 13,50 €

Ramón Martínez López
X. Amancio Liñares Giraut
O de Ramón Martínez López é un nome fundamental entre os daqueles que posibilitaron o nacente pensamento e praxe galeguistas do século XX, que tanto e tan bo labor fixeron en defensa e en prestixio da cultura, da lingua e da identidade de Galicia como nación. Abonde con dicir que estamos a falar dun dos fundadores do meritorio Seminario de Estudos Galegos, catedrático de bacharelato, profesor universitario, escritor, agregado cultural na embaixada española en Lisboa, membro do histórico Partido Galeguista e, como consecuencia de tanta valía, ilustre exiliado, neste caso nos EE. UU., onde apreciaron a súa formación e maxisterio acolléndoo e aprendendo del nas súas aulas como profesor da Universidade de Texas. Cando volveu entre nós seguiu comprometido con Galicia, en diversas frontes e ata o final dos seus días. Incorpora un limiar de Xosé Deira Triñanes.
Colección: SER/Biografías
Nº de páx.: 124
ISBN: 978–84–935562–3–5
D.L.: C 1046–2007
PVP: 14,00 €

Luís Porteiro Garea
Baldomero Cores Trasmonte
A pesar da súa relevancia no galeguismo, o nome de Luís Porteiro Garea (Lugo, 1889 – Santiago de Compostela, 1918) ficaba ata agora bastante esquecido. Nesta biografía faise unha periodización da súa vida ó servizo de Galicia, dende a primeira xeira, cando se licencia en Dereito pola USC, deica os seus derradeiros anos, de afirmación ideolóxica e exercicio da acción política, como membro das Irmandades da Fala e como concelleiro compostelán. Viviu sempre, segundo nos di o seu biógrafo, Baldomero Cores, na introdución deste libro, «a prol dunha visión de Galicia como centro de imputación política e cultural». Con esta monografía dedicada a Porteiro Garea —que inclúe fotografías e documentación facsimilar—, iniciamos en 3C3 a nosa colección SER / Biografías. A publicación desta obra fíxose en colaboración co Parlamento de Galicia, e incorpora un limiar da autoría do seu presidente, José María García Leira.
Colección: SER/Biografías
Nº de páx.: 260
ISBN: 84-934335-5-1
D.L.: C-1370/2005
PVP: 23,00 €

Monasterios, cartujas y conventos en las rutas compostelanas españolas (Ámbito Hispano)
José de Vicente González / Mariano Azores Torres
Á beira do Camiño de Santiago e ó longo dos tempos, diferentes ordes relixiosas cristiás foron erguendo construcións singulares. Neste libro, profusamente documentado e ilustrado, os autores estudan e descríbennos máis de corenta mosteiros, abadías e conventos situados nas tres principais rutas compostelás hispánicas: a francesa, a do centro e a da Prata. Primeiro, nun amplo capítulo de xeneralidades, fálannos tamén da simboloxía do mundo xacobeo e do que representan esas ordes relixiosas que fixeron agromar tantas obras artísticas e centros de culto, compañeiros dos peregrinos que percorren os camiños que chegan a Compostela. Leva unha presentación de Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia, e un prólogo da ex-ministra de sanidade e consumo Ana M.ª Pastor Julián.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 343
ISBN: 84–933588–7–8
D.L.: C-2025/2004
PVP: 49,00 €

Lembranzas. Una vida en el campo gallego
Maximino Viaño
Autobiografía do autor, que estivo presente en diferentes iniciativas transformadoras do campo galego, entre as que destaca a creación da denominación Ternera Gallega, que presidiu durante varios anos, e da que nos explica, de forma documentada, a súa evolución. Conta cun limiar de Amancio Liñares.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 583
ISBN: 84-93213-60-8
D.L.: C–1347/2001
PVP: 17,40 €

A parroquia ante un novo milenio
José S. Montes Pérez
Un achegamento ao proceso de creación e posta en marcha dunha nova parroquia na periferia de Santiago: San Francisco de Asís, dos Tilos ‑Teo‑. Describe a súa historia na década 1990/2000, con especial atención ao labor da mocidade, o grupo XEC, o Consello Pastoral Parroquial, o Ano Xubilar e outras actividades eclesiais. Inclúe varios apéndices e unha memoria fotográfica.
Colección: FÓRA DE COLECCIÓN
Nº de páx.: 272
ISBN: 84-607-0211-1
D.L.: C–0265/2000
PVP: 12,00 €

 

Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta. Polígono de Boisaca. 15890 Santiago de Compostela . Tel. 981 535 960 Fax 981 818 799  

a
r
t
i
g
o
s
3
i
m
p
o
r
t
e
41,00
¿quen somos?